Segundo o tipo de perda teremos en conta a necesidade de empregar un ou outro aparello.
Estes tipos de perda non serían susceptibles de adaptación.
Para as perdas de sons agudos, pero nas que os sons graves se manteñen dentro ou moi preto da audición correcta (0-30 dB), o audiófono axeitado é o tipo Open-Fit, xa que é o único que aplica amplificación só nas frecuencias agudas.
Con perdas de entre 40 e 70 dB, temos a opción de adaptar 3 tipos de audiófonos: retroauricular BTE, intrauricular, ou con auricular en canle (RIC). Dependerá da preferencia do cliente ou de características concretas como problemas de supuración (só se recomenda retroauricular), estética (ric ou intra, segundo preferencia), etc.
Se a perda é maior de 70 dB, xa non se podería adaptar un audiófono en canle, xa que a potencia non sería suficiente. Nestes casos, necesitariamos un audiófono BTE ou RIC.
Segundo o tamaño e tipo de audiófono necesitaremos unha pila de distinto tamaño. O seu audioprotesista indicaralle o tipo e a cor ao entregarlle o seu audiófono e o tempo aproximado de duración destas.
Para facilitar a limpeza dos audiófonos, e debido a que son aparellos electrónicos moi sensibles á humidade, pódense adquirir equipos de limpeza para asegurar o correcto funcionamento do seu audiófono.
Para facilitar a introdución do audiófono retroauricular no oído, pódese facer unha peza a medida, que require realizar unha impresión previamente.
As impresións tamén son necesarias para tapóns para a auga á medida e tapóns antirruído.
Ademais dos audiófonos, podemos utilizar outros aparellos electrónicos para axudarnos coa perda auditiva. Teléfonos móbiles e fixos con maior sonoridade, mandos a distancia para regular os audiófonos, espertadores con variedade de tons, etc.
Centro Auditivo SoniPro
REGISTRO SANITARIO DE GALICIA Nº E-36-000860
Teléfono: 604 000 758
Síguenos en Facebook
Esta página web ha sido creada con Jimdo. ¡Regístrate ahora gratis en https://es.jimdo.com!