SoniPro é o seu Centro Auditivo en Vigo.

 Realizamos revisións auditivas e axudamoslle a elexi-lo audiófono que mellor se adapta ó seu problema de audición.

 Tamén realizamos reparacións de audiófonos, protección auditiva anti-ruido,e tapóns para baño.

Queres ver fotos do noso Centro?

Fai click na imaxe para acceder á galería.

DÓNDE ENCONTRARNOS

 Macal 92 - esquina Ramiro Pascual

 Matamá - Carneiras

 Vigo

Se prefires vir en transporte público,

podes chegar a través de las líneas 7, 18 y 27 de Vitrasa.

Fai click no mapa para ampliarlo.



   Unha boa audición está estreitamente ligada a unha boa calidade de vida. En SoniPro axudarémoste a volver gozar dos sons da vida: xa non terás que subir o volume da televisión para escoitala ben, entenderás á xente en ambientes ruidosos, e volverás escoitar sons que xa crías esquecidos.

   En SoniPro sabemos que cada persoa é única, e polo tanto tratamos o teu problema auditivo de xeito totalmente personalizado. Preocupámonos por comprender as túas necesidades para así elixir a solución que mellor se adapte á túa situación.


   O noso centro conta cos medios tecnolóxicos máis avanzados, o que nos permite realizar un exhaustivo estudo audiométrico que axude a detectar de xeito precoz calquera perda auditiva.

 

 

 

   En SoniPro sempre recibirás a atención de profesionais titulados en Audioloxía Protésica, altamente cualificados e en constante formación. As nosas audiólogas están adscritas á ANA (Asociación Nacional de Audioprotesistas).

   A nosa implicación co paciente é total: non só entregamos uns audiófonos, senón que ademais realizamos un seguimento personalizado que asegure que a adaptación é satisfactoria.

  Todos os nosos audiófonos inclúen un servizo posvenda de axuste e revisións periódicas para asegurar que o aparato segue adaptándose ás túas necesidades.

 

   En SoniPro cremos que a túa imaxe tamén é importante: a tecnoloxía dos audiófonos máis modernos combinan comodidade e estética. Son tan discretos que ninguén notará que os levas, nin sequera ti.


Síguenos nas redes sociais

Qué ofrecemos

  • Estudo auditivo completo GRATUÍTO
  • Periodo de PRUEBA dos teus novoos audiófonos de 3 meses (se non estás satisfeito devolvémosche o teu diñeiro)
  • Todo-los nosos audiófonos veñen con 2 anos de GARANTÍA (ampliables a 5 anos)
  • Todo-los axustes, revisións  e limpeza dos audiófonos adquiridos en SoniPro serán gratuítos durante a vida útil do audiófono
  • Pilas incluídas para aprox. os primeros 18 meses* (60 pilas por audiófono)
  • Xestionamo-lo servizo técnico dos teus audiófonos, sexan ou non adquiridos en SoniPro
  • Financiación a medida


Seguenos en Facebook e permanece atento a tódalas novedades do Centro Auditivo Sonipro.

Fai click aquí.