En Centro Auditivo Sonipro ofrecemos os seguintes servizos:
-
Revisión auditiva: realizamos probas auditivas
exhaustivas para saber cal é o problema auditivo e obter a mellor solución. Estas probas inclúen:
-
-
Anamnese:
Cuestionario de datos clínicos relevantes para a audición
-
Otoscopia: exploración visual do
oído
-
Impedanciometría: exame da resposta do oído ao estímulo sonoro
-
Audiometría tonal (aérea e ósea): batería de sons a distinta intensidade e ton para atopar o límite auditivo ou intensidade mínima de audición; realízase por vía aérea e ósea para determinar
a orixe do problema auditivo.
-
Audiometría vocal: batería de palabras para achar a porcentaxe de entendemento
-
Límite de molestia: para atopar a intensidade á que molesta o son
-
Adaptación de audiófonos: en base ás probas
realizadas identifícase o tipo de audiófono recomendado para cada caso e adáptase ao usuario segundo as súas necesidades auditivas
-
Limpeza e mantemento: realízase a limpeza e
axustes periódicos do aparato para asegurar o seu correcto funcionamento
-
Audiometrías e revisións de seguimento: compróbase cada certo tempo que a audición se mantén igual.
-
Axustes: en caso de
variacións na audición, realízanse axustes no aparato.
-
Consellos de uso: pode acudir en calquera momento ao seu centro auditivo para informarse sobre o uso e mantemento correcto do seu aparello
-
Accesorios:
-
Pilas
-
Mando a distancia
-
Amplificadores
-
Teléfonos específicos
-
Reparación: en caso de mal funcionamento ou rotura do
aparello, realízase a reparación, cun presuposto previo.
-
Tapóns para auga e ruído: Para manter o oído e a
audición correcta recoméndanse tapóns para cando hai un contacto continuado coa auga ou ruídos. Tómanse impresións de cada oído para asegurar que o tapón encaixa perfectamente
nel.